Ana Pontón a Agustín Hernández: “ Se eu fora do PP, daríame vergoña saír a rúa”

Jorquera e Montse Prado escoitan a intervención de Pontón

O BNG pediu durante tres anos dar voz ao Pobo e vostedes, dixo a nacionalista, o impediron. Seguen sen “lexitimidade democrática” para conformar un novo goberno no concello de Santiago

Intervención de Ana Pontón

A deputada do BNG, Ana Pontón considerou unha “ triste metáfora” a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández para informar das propostas da Xunta sobre a xestión dos residuos sólidos urbanos un día despois de ser elixido por Feijóo para substituír na alcaldía de cidade de Santiago de Compostela a Ángel Currás.

Pontón, que foi chamada a orde polo presidente da Mesa, Miguel Santalices por non cinguirse a cuestión, cualificou a situación que o Partido popular ven sometendo á cidade de Santiago de Compostela, de “insultante, noxenta e esperpéntica”. Se eu fora do PP daríame vergoña saír a rúa, manifestou.

Para a deputada, esta foi a última comparecencia de Hernández a quen non felicitou polo seu novo cargo de alcalde porque no BNG, dixo, “acreditamos na democracia” e non na dedocracia.

O acontecido en Compostela, “non é un problema local”, recalcou. Vostedes son responsábeis de non solucionar unha situación que miles de cidadáns denunciaban indignados pola “corrupción do Partido popular” no concello de Santiago.

Jorquera e Montse Prado escoitan  a intervención de Pontón

A parlamentaria acusou á dirección do PP e ao propio conselleiro, agora saínte, de “amparar a corrupción” polo que foi chamada novamente a orde, “perdóeme, ironizou Pontón, foi unha asociación de ideas entre “residuos urbanos e residuos humanos” e nós non estamos aquí como marcianos e marcianas alleos as preocupacións da cidadanía polo que pediu non ser censurada polo Presidente da Mesa do Parlamento.

Na súa intervención, a deputada asegurou que a Cámara galega está para falar de política e a situación municipal de Compostela, non é un tema local, moi ao contrario, é un problema que escandaliza ao conxunto do Estado. Qué pasaría se esta fora a situación de Madrid?, estou convencida de que o Partido popular non a toleraría.

As bancadas do PP protestan durante a intervención da nacionalista

As palabras da nacionalista molestaron ás bancadas do Partido popular desde as que se escoitaron en varias ocasións protestas e apupos, expresións ás que a deputada respondeu afirmando que hai persoas que se presentan publicamente como adalides da rexeneración democrática e bos xestores cando en realidade representan “a porta xiratoria” e intereses de empresas privadas.

Ana Pontón pide calma nas bancadas do PP

A parlamentaria animou a Hernández, agora que vai ser alcalde, sumarse á fronte de alcaldes galegos que reclaman a paralización da suba do canon porque repercute moi negativamente nas arcas públicas e nos petos de cidadáns.

Para a deputada, “Sogama é un fracaso”, unha bomba ambiental e un problema insostible economicamente. O máis eficaz sería enviar ao novo ou nova conselleiro un exemplar do informe de fiscalización do Consello de Contas de Galiza no que afirma que unha das premisas determinantes do proxecto de Sogama foi a incineración e dende o punto de vista empresarial a obtención de electricidade para a súa venda “é inviable economicamente polos seus elevados custes” .

Pontón criticou que o conselleiro non formulara ningún anunciou e se limitara a “insultar” aos alcaldes e a cidadanía, “cumpran vostedes coas tres RRR e lexislación vixente” e abandonen un plan de residuos que “naceu morto”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG