O BNG pide romper cos estereotipos para loitar contra a desigualdade

Carme Adán cualifica de “moi graves” as declaracións de Arias Cañete e acusa ao candidato do PP ao Parlamento europeo de “sexista”.Declaracións desta índole, afirmou, alimentan a desigualdade

Adán na comparencia de Alfonso Rueda

Tras a comparecencia do vicepresidente, Alfonso Rueda para explicar os ámbitos de competencias da Lei de medidas contra a violencia de xénero, a parlamentaria do BNG denunciou o aumento de casos e a redución “de maneira preocupante” dos recursos.

Sobre este extremo, preguntou qué pasa despois de que unha muller denuncia ao seu maltratador e culpabilizou á administración de non ofrecer as garantías necesarias para a asistencia integral das vítimas

A deputada considerou que a “sensibilización” é fundamental na loita contra a violencia de xénero e recriminou a ausencia de grupos feministas, parlamentarios e representantes de colectivos que traballan coas vítimas, na primeira reunión de traballo do Observatorio contra a violencia de xénero, creo, dixo, que “é un erro”.

Os nenos xogan ao fútbol, as nenas len contos de princesas.

Adán afirmou que para loitar contra a desigualdade hai que romper estereotipos e reprobou campañas de publicidade como “Coruña guapa” ou anuncios como o emitido o pasado 15 de maio sobre as familias na que un neno afirma que xoga co seu pai ao fútbol e a nena cóntalle contos de princesas, “deixemos as princesas que resolvan os seus problemas xudiciais” e non fagamos publicidade sexista dende as institucións.

Carme Adán

Cañete delatase nas súas declaracións

A parlamentaria censurou que a secretaria Xeral de Igualdade lexitimara nunha entrevista radiofónica as declaracións do candidato do PP ao Parlamento europeo que asegurou tras o debate coa candidata socialista Elena Valenciano, “ si muestras superioridad intelectual sobre unha muller, eres machista”. Para a parlamentaria, estas declaracións “fan máis contra a igualdade” que os anuncios para erradicala, hai que loitar contra a crenza “da inferioridade das mulleres ”.

Adán pediu a Rueda  reprobar as declaracións “sexistas” de Arias Cañete, reprobación que o vicepresidente obvio.

Os medios existentes non garanten a integridade física das vítimas

A parlamentaria denunciou o descenso de cursos de formación a respecto da educación, o descenso tamén no número de mulleres que solicitaron o salario da liberdade así como o número de peticións do certificado acreditativo de vítima de violencia de xénero para incorporarse ao programa de inserción laboral. Asemade, descendeu “alarmantemente” o número de mulleres que solicitaron atención psicolóxica e baixou o número de mulleres vítimas de violencia que utilizaron o programa “Aluga” pero non decreceron as ordes de alonxamento, denuncias e ordes de protección, “vostedes terán que explicar algún día a contradición destes datos”, remarcou.Noticia 3

Se temos en conta os recursos que existen para unha muller que denuncia, estes non aseguran a “súa integridade física”, hai un sobresemento do 40% de ordes de protección poñendo en perigo a moitas mulleres e tampouco hai medios para protexelas. Queremos que as mulleres denuncien pero despois qué!.

A parlamentaria rematou a súa intervención pedindo “un rexeitamento” do Parlamento galego do secuestro das nenas nixerianas privadas e sometidas a todo tipo de violación dos dereitos fundamentais polo feito de ir a escola.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG