Rosana Pérez pediu a Wert que suspenda o "calendario leonino" de aplicación da LOMCE

COMISION EDUCACION 005A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, demandou este mediodía ao Ministro de Educación, José Ignacio Wet, que suspenda “o calendario leonino” de aplicación da LOMCE debido á imposibilidade práctica de cumplilo.

Un calendario que Rosana Pérez tildou de “leonino”.

Nese sentido, Rosana Pérez advertiu a Wert que en territorios como Galiza aínda non se aprobaron os decretos correspondentes para completar os contidos das materias troncais e para estabelecer os contidos e os horarios das materias específicas e “estamos ás portas de rematar xuño”. Ademáis, lembrou que a Conferencia Sectorial para tratar o financiamento da implantación da LOMCE non terá lugar até o 30 de xuño.

“Cre que vai dar tempo a implantar este calendario sen que se produza un auténtico caos? Non cre que sería máis axeitado suspender o calendario exprés?”, son algunhas das cuestións que a parlamentar do BNG dirixiu ao Ministro de Educación.

Non se poden pagar as becas cando se remata o curso

No relativo ás bolsas, a deputada do BNG puxo enriba da mesa o informe do Consello de Estado que cuestiona a equidade do actual modelo de becas, e criticou unha serie de cuestións ás que o Ministerio non deu resposta como a falla dun estudo de impacto educativo e social. Reprochou a Wert ter estabelecido un modelo de bolsas que incrementa a desigualdade e que atenta contra a equidade.

Asemade, demandoulle que non se reitere a grande demora no pagamento das bolsas como sucedeu neste curso. “Retrasouse o pagamento das axudas case até os últimos días do curso”, e instou a Wert a que non se repita esta situación. Tamén o conminou a reflexionar sobre o modelo de bolsas e concesión de axudas porque non garante a igualdade.

Por último, Rosana Pérez referiuse á disposición adicional 38 da LOMCE, a relativa ao aumento das clases de castelán no ensino público, para reivindicar que se promova a modificación lexislativa que conleve a supresión desta disposición. Nese sentido, argumentou o informe do Consello de Estado que detectou “notábeis carencias” no proxecto de Real Decreto que regula a presenza das linguas cooficiais no ensino. Sen esquecer a clara vulneración de competencias autonómicas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG