O BNG pregunta a Feijóo pola situación social en Galiza tralos datos publicados de pobreza

Francisco Jorquera

Francisco Jorquera anunciou os asuntos que serán debatidos no vindeiro pleno, á iniciativa do BNG, entre os que destacou: a proposición de Lei para presentar ante o Congreso relativa ao concerto económico de Galiza, unha moción sobre o servizo de Emerxencias tralo incendio de Fandicosta e unha nova petición para unha comisión de investigación do accidente de Angrois

Jorquera na comparecencia ante os medios de comunicación

 O portavoz do grupo parlamentario do BNG na Xunta de Portavoces, Francisco Jorquera compareceu ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos que serán debatidos no vindeiro pleno entre os que destacou: A pregunta a Núñez Feijóo sobre a situación social en Galiza despois de coñecer os datos da enquisa do INE que reflicte unha taxa de pobreza do 19, 4% no ano 2015. Para o deputado, os datos contradín abertamente ás proclamas de Feijóo xa que “un de cada cinco galegos está en risco de pobreza” e este risco entre a mocidade é de “un de cada tres”.

O BNG volve a pedir unha comisión de  investigación do accidente de Angrois

Sobre a proposición de Lei do BNG relativa o concerto económico de Galiza e a súa presentación ante o congreso, o parlamentario lembrou que EUSKATEL tributará polo imposto de sociedades de R no país vasco pero en Galiza, a maioría das empresas cos seus centros de produción en territorio galego “tributan en Madrid”. A nosa proposición de Lei, dixo, defende que todos os impostos que soportan as persoas galegas e as empresas que operan en Galiza sexan xestionados pola “Facenda galga”. Ademais explicou que facendo un calculo conservador, o imposto de sociedades reportaría máis de 1.000 M€ ao ano a nosa facenda, e o “sistema de concerto non sería prexudicial para Galiza” como afirma o Partido popular.

Francisco Jorquera da conta dos asuntos da Xunta de Portavoces

Noutra orde de cousas, Jorquera adiantou que o BNG defenderá unha moción sobre o sistema de Emerxencias tras as eivas detectadas na extinción do no incendio da fabrica Fandicosta, e novamente, o BNG solicitará unha comisión de investigación sobre o accidente de Alvia en Angrois, despois de coñecer un novo informe elaborado pola Comisión europea.Finalmente o BNG preguntará ao goberno sobre a derivación de doentes da Sanidade pública a centros privados.

O PP ten o reto de votar o mesmo en Madrid que en Galiza

A preguntas dos xornalistas sobre Proposición de lei do BNG para a transferencia da AP-9 que será defendida pola deputada e portavoz nacional do BNG, Ana Pontón no Congreso, Jorquera lembrou que foi aprobada no Parlamento galego por unanimidade e agora o resto dos grupos en Madrid deberán actuar con congruencia. “Eu nos meus tempos de deputado no Congreso comprobei como se votaba unha cousa en Galiza e a contraria en Madrid”. Se o Partido popular ten vontade, pode ser axilizada a proposta de Lei do BNG e se todos os deputados e deputadas eleitos por Galiza nas vindeiras eleccións manteñen unha posición unánime os partido estatais deberán tamén pronunciarse e atender a demanda unánime da representación política de Galiza.3

Ana Pastor en contra da transferencia da A-P 9 aprobada por unanimidade no Parlamento galego

O deputado explicou que o Partido popular vai presentar pola provincia de Pontevedra a Ana Pastor como cabeza de lista, “Feijóo deberá aclara se lle parece boa candidata por Galiza unha ministra que acaba de anunciar a súa oposición á proposición de Lei para a transferencia á Xunta da autoestrada AP-9”. O Ministerio de Fomento, engadiu, está “trasladando argumentos tramposos” cando di que a autoestrada desemboca en Portugal, “isto é falso” recalcou. A autoestrada desemboca antes de chegar a Tui nunha autovía libre de peaxe que conecta Tui con Porriño e Porriño con Vigo. “Apela a un argumento falso para negar a evidencia de que a autoestrada percorre o territorio galego. Feijóo debe pronunciarse sobre as afirmacións de Ana Pastor e se considera que é unha boa deputada cando amosa a súa oposición a unha demanda galega, concluíu o nacionalista.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG