Ana Pontón exixe medidas concretas para a protección da Rapa das Bestas

Rapa das Bestas (Sabucedo)
Rapa das Bestas (Sabucedo)

A portavoz nacional advirte que o valioso ecosistema conformado polos cabalos e o seu hábitat está ameazado por diversas intervencións, algunhas delas relacionadas con parques eólicos

O cabalo salvaxe é o gran herbívoro mellor adaptado ao aproveitamento de breixeiras e turbeiras, dous dos hábitats con maior interese pola súa biodiversidade en Galiza

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, na súa visita á Rapa das Bestas de Sabucedo, calificou de “insuficiente” a proposta inicial da Consellería é de “pouca contundencia e amosa un interese lixeiro por conservar e protexer os lugares” onde teñen o seu hábitat os cabalos de monte.

“Precisamos que se concrete de xeito explícito a delimitación espacial que entraría dentro da protección do Ben de Interese Cultural” e sinala que se deben clarificar “as medidas concretas de protección fronte as agresións que se levarán a cabo na zona”.

Rapa das Bestas (Sabucedo)
Rapa das Bestas (Sabucedo)

“Evidentemente hai outro tipo de intereses” subliñou Pontón, que fai fincapé na intención do Partido Popular por tramitar parques eólicos neste lugar. “Está claro que a conservación dos cabalos e do monte para o PP é algo secundario, mais dende o BNG seguiremos loitando para que se defina de xeito claro a protección deste espazo, das bestas e por suposto da Rapa das Bestas”.

Agradecemento á Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo, a responsable do coidado permanente das bestas de Sabucedo, en especial das pertencentes á cabana do Santo, e promoción da celebración anual Rapa das Bestas, como celebración histórico/cultural que vén a ser a manifestación da relación de convivencia coas bestas durante todo o ano.

Pontón puxo en valor a figura do cabalo salvaxe “como o gran herbívoro mellor adaptado ao aproveitamento de breixeiras e turbeiras”, dous dos hábitats con maior interese pola súa biodiversidade en Galiza. A través da dieta, o cabalo salvaxe limita o desenvolvemento da vexetación e favorece que sobrevivan especies de plantas sensibles. “Cambios no manexo dos cabalos salvaxes que limiten o seu comportamento natural poden provocar un efecto negativo e irreversible na biodiversidade” sinalou.

O BNG presentará alegacións á incoación do expediente do BIC e volverá a presentar iniciativas no Parlamento “solicitando unha protección efectiva dos montes”.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG